Marina GarcésMarina Garcés (Barcelona, 1973) é filósofa. Os seus libros máis recentes son Un mundo común (2012), Filosofía inacabada (2015), Fora de classe / Fuera de clase (2016) e Nova il·lustració radical / Nueva ilustración radical (2017). É profesora n Universidade de Zaragoza e participa en varios proxectos colectivos de experimentación pedagóxica, social e cultural.

É membro do claustro de profesores do Programa d´Estudis Independents do MACBA e coordinadora da Aula Oberta do Institut d´Humanitats / CCCB. Desde 2002, impulsa o colectivo de pensamento crítico Espai en Blanc, con sede en Barcelona.