PRESENTACIÓN

PRESENTACIÓN

Filosofía para Nenos responde á pregunta que no seu momento fixo Matthew Lipman a partir da súa experiencia como profesor de filosofía na Universidade de Columbia (Nova Iorque): como mellorar a capacidade de pensamento a través da educación? Dito doutro modo: como pode a filosofía axudar a mellorar a capacidade de realizar...

Ler máis

CONFERENCIA INAUGURAL

CONFERENCIA INAUGURAL

Marina Garcés (Barcelona, 1973) é filósofa. Os seus libros máis recentes son Un mundo común (2012)...

Ler máis

LUGAR DE REALIZACIÓN

LUGAR DE REALIZACIÓN

Facultat de Lletres. UdG.

Ler máis

Filosofía para Nenos responde á pregunta que no seu momento fixo Matthew Lipman a partir da súa experiencia como profesor de filosofía na Universidade de Columbia (Nova Iorque): como mellorar a capacidade de pensamento a través da educación?

Dito doutro modo: como pode a filosofía axudar a mellorar a capacidade de realizar xuízos razoables en lóxica, ética, estética e política?

Ou aínda dito doutro modo: cal é o lugar que debe ter o pensamento filosófico en todos os ámbitos educativos, non só no universitario?

Así naceu, timidamente pero con forza, a proposta de Filosofía para Nenos. Dunha carencia, dunha necesidade, dunha urxencia. Era e é cada vez máis imprescindible educar ás novas xeracións nalgúns principios básicos para asegurar a convivencia e a harmonía entre os seres humanos. Precísanse boas doses de tolerancia, respecto, serenidade e bo xuízo para non caer en frivolidades ou extremismos, para non deixarse levar por radicalismos e poder construir un futuro desexable para as novas xeracións.

A filosofía significa reflexión, ponderación e avaliación de criterios e debe ter un posto privilexiado na educación. O seu lugar está aí, tamén nas universidades e nas institucións e publicacións que nos achegan luz para este reto fundamental que significa convivir.

Ofertar un espazo, un lugar á filosofía nas escolas pode axudar, aínda que non asegurar, unhas novas formas de relación baseadas no diálogo, espertando nos rapaces e adolescentes un espírito crítico, creativo e coidadoso.

Filosofía, democracia e educación veñen sendo, desde a súa orixe grega, unha tríade que debe repensarse constantemente. E este é un momento especialmente delicado para esta conxunción.

Propoñemos, pois, que este Encontro se constitúa nun foro para pensar e propoñer estratexias para levar ás aulas, que enriqueza as prácticas e nos permita debater sobre conceptos clave, co corazón no pasado e a mirada cara ao futuro.

Esperámosvos con propostas e con ganas de pensar e compartir en comunidades de diálogo e investigación.